Máis de 15000 tickets vendidos na III Feira das Tapas

    tapas copia.jpgVILAGARCÍA> Estes resultados levan á organización a amosala súa satisfacción co número de visitantes e co bo facer dos participantes.

    {flowplayer}images/salnes/FEIRA_TAPAS_BALANCE_ROBERTO.flv{/flowplayer}

    Os resultados da Terceira Edición da Feira das Tapas de Vilagarcía, con máis de quince mil tickets vendidos, levaron a Ahituvi a facer unha valoración extraordinariamente positiva na que, confesou o presidente da Asociación, superaron tódalas súas expectativas. Entre os participantes puidemos atopar por primeira vez á Pastelería Yoli ou a ameixa de Carril.

    Segundo Roberto Gerpe a clave do éxito foi a profesionalidade e o bo facer dos 14 participantes desta edición. Este ano a tapa ‘Bocados de horta e mar’, de Mar de Carril foi a gañadora do primeiro premio do concurso de tapas.

    E antes deste concurso, as centos de persoas que se achegáronse ata o parque Miguel Hernández para degustar algunha destas tapas manifestaron que a calidade prezo era inmellorable.

    Redacción Salnés