Principio de acordo para o traslado das sedes sindicais

    reunionsindicatos100.jpgRIBEIRA> O concello de Ribeira está a xestionar cos sindicatos o traslado das súas sedes, situadas actualmente no edificio da praza de abastos.

    {flowplayer}barbanza/reunionsindicatos.flv{/flowplayer}

    No transcurso da reunión, celebrada na casa consistorial de Ribeira, chegouse a un principio de acordo entre o concello e os tres sindicatos que contan cun local no inmoble da praza de abastos.

    A intención do executivo é trasladar as instalacións sindicais a unha ubicación alternativa de xeito para poder proceder á demolición do actual edificio e a construción do novo mercado, no que o andar superior estará ocupado por unha cafetería.

    Traslado definitivo

    Os representantes das tres formacións, Xosé Lamela de CCOO; Antonio Santamaría de UXT e Teresa Vidal da CIG amosaron a súa boa disposición a buscar unhas novas instalacións pero sempre que se trate dun traslado definitivo e non provisional.

    Polo momento, non se concretou a futura localización das sedes sindicais aínda que o concello adquiriu o compromiso de habilitar un local para cada unha das agrupacións con características similares ós que tiñan ata o de agora de xeito que dea cobertura ás súas necesidades.

    Dende o concello xa barallan diferentes alternativas que serán presentadas ós sindicatos para determinar de xeito consensuado a mellor opción.

    Redacción Barbanza