Os ex-traballadores de Fexdega entregan as chaves do recinto feiral

    fexdegaentrgachaves copia.jpg VILAGARCÍA> A CIG asegura que xa teñen todo listo para demandar o despedimento dos catro empregados polas vías laboral e administrativa.

    {flowplayer}images/salnes/DESALOXO_FEXDEGA.flv{/flowplayer}

    A primeira hora desta mañá os catro traballadores de Fexdega sacaban as súas últimas pertenzas despois de ser despedidos a semana pasada. Ó tempo fixeron entrega das chaves do recinto Feiral ó xerente en funcións, Carlos Oubiña. A CIG aproveitou este momento para facer un chamamento ó alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, para que presente alegacións ó decreto polo que estes traballadores poderían pasar a formar parte do persoal laboral da Xunta.

    Ademais, Rosa Abuín informou que xa teñen todo preparado para presentalas demandas polo despido destes traballadores: unha polo laboral coma despido nulo e un contencioso administrativo contra a Xunta. 

    Mentres tanto, péchanse as portas de Fexdega pero a Fundación segue coa súa actividade. Abuín confesou que agora é unha empresa externa a que se encarga da contabilidade. Pola súa banda, o actual xerente en funcións, Carlos Oubiña, non quixo facer declaracións ata que se celebre, dixo, unha nova reunión do Padroado que agarda sexa na primeira quincena de setembro.

    Redacción Salnés