Adxudicada a rehabilitación integral do IES Campo de San Alberto por un millón de euros

NOIA> A Consellería de Educación adxudicou a rehabilitación integral do IES Campo de San Alberto de Noia. As obras, orzamentadas en máis dun millón de euros, dfarán comezo en setembro e compatibilizaranse co desenvolvemento do curso escolar durante tres meses.

Máis dun millón de euros destina a Consellería de Educación ó acondicionamento do IES Campo de San Alberto. A obra, que acaba de ser adxudicada, permitirá mellorar a eficiencia enerxética do inmoble a través do illamento exterior mediante sisrtema SATE: Substituiranse as fiestras por unhas de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e dobre vidro e renovaranse as persianas que contarán con ilante térmico interior. No que respecta ó alumeado instalaranse novas luminarias con tecnoloxía LED e equipos de regulación e detección.

O proxecto contempla ademais o cambio dos lucernarios da cuberta, a colocación de novos teitos acústicos que eviten a reverberación e o pintado de parámetros. O prazo de execución é de tres meses polo que as obras deberán compaxinarse coa volta á clase dos alumnos para o que se adoptarán as máximas medidas de seguridade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí