Moitos concellos manterán a vixilancia nas praias en setembro

    socorrismopraias100.jpgBARBANZA> A chegada do mes de setembro significa para moitos o fin do verán. Rematan as vacacións e as praias reciben un número menor de visitantes

    {flowplayer}barbanza/socorrismopraias.flv{/flowplayer}

    Sen embargo, son moitos os concellos que optan por manter o servizo de vixilancia nos areais para garantir a seguridade dos bañistas que apuran os últimos coletazos da tempada estival.

    É o caso do concello da Pobra que manterá o servizo ata o 23 de setembro. Apostan por evitar riscos nos seus areais nun mes no que o municipio segue a recibir gran afluencia de turistas que frecuentan praias como esta de Cabío.

    Incidencias

    Malia que se trata de areais tranquilos, nos que a forza do mar non soe dar sustos, o persoal ten traballo dabondo especialmente derivado da cura de feridas ou picaduras.

    Noutros municipios, nos que a contratación do persoal realizouse só durante os meses de xullo e agosto, apóstase por solucións alternativas que permitan manter o servizo aínda que en menor medida.

    Redacción Barbanza