A Xunta creará uns 116 postos de traballo no Barbanza

RIBEIRA> Farao a través dos seus programas de emprego e a  maioría deles irán destinados á contratación de socorristas. O delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, presentou esta mañá en Ribeira varios dos programas de emprego que porá en marcha este verán a consellería de Economía, e que posibilitará a creación dun 116 postos de traballo na comarca do Barbanza. Será a través dos programas Aprol Rural e os referidos ás axudas para a contratación de perceptores da Risga e de socorristas, ós que a Xunta destinará un 600 mil euros. Con eles a Xunta pretende dar cobertura ós concellos para que poidan prestar servizos de forma máis eficaz e, ó mesmo tempo, apostar por un sistema de colaboración coas entidades locais encargadas da selección deste persoal.