¿Que probas deben superar as praias para obter a bandeira azul?

bandeiras xogossilgar copia.jpg SANXENXO> Decenas de cativos aprenderon os protocolos de calidade que deben cumprir os areais a través dunha gran ‘gymcana’ no Día do Neno.

{flowplayer}images/salnes/BANDEIRAS_AZUIS_DIA_NENO.flv{/flowplayer}

Saber cal é o acceso para minusválidos, aprender a manter limpas as praias ou coñecer os paneis informativos, son algunhas das probas polas que os nenos pasaron esta mañá. Os cativos participaron por equipos nas distintas actividades da gyncana para conseguir o distintivo de calidade para os seus respectivos areais. Os xogos formaron parte da programación deseñada como parte das festas patronais no día dedicado exclusivamente ós máis pequenos da casa.

Logo desta ‘gymcana’ na praia de Silgar, as actividades trasladáronse pola tarde á Praza dos Barcos, con inchables, baloncesto, talleres de maquillaxe e globoflexia, para remata a xornada cunha gran festa da escuma no recinto portuario.

Redacción Salnés