A chocolatada das Amas de Casa de Ribeira reunirá a 400 convidados

RIBEIRA> Unhas 400 persoas participarán na tradicional chocolatada que organiza a asociación de Amas de Casa de Ribeira. Esta homenaxe ós maiores será o domingo no restaurante Baiuca e contará coa actuación do grupo local ‘Leite con Jalletas’.

O gran éxito desta xuntanza obrigou ás amas de casa de Ribeira a ampliar o número de invitacións ata 400, as cales xa están esgotadas. Esta chocolatada, con máis de dúas décadas de historia, converteuse xa en cita obrigada para os maiores do municipio posto que se trata dunha xornada de confraternidade na que se xuntan veciños de tódalas parroquias.

O concello colabora con esta iniciativa seguindo así coa súa aposta de atender á veciñanza, especialmente ós máis maiores.

A cita será ás cinca da tarde no restaurante Baiuca de Artes e contará coa actuación musical de Leite con Jalletas.