Arte ‘Linxu’ en ‘Made in China’

linxu copia.jpg CAMBADOS> Lino Silva e Xurxo Durán presenta esta mostra conxunta que se pode visitar fronte á igrexa parroquial ata o 13 de novembro.

{flowplayer}images/salnes/EXPO_LINXU_CAMBADOS_OK.flv{/flowplayer} ‘Linxu’ é a combinación de Lino e Xurxo, os nomes dos autores de tódalas pezas que conforman a exposición ‘Made in China’. Pode visitarse desde hai unha semana en Cambados, nun espazo aberto fronte á igrexa parroquial. Trátase dunha mostra conxunta na que conflúen as distintas técnicas e formas de ver a arte de Lino Silva e Xurxo Durán. É a primeira vez que traballan xuntos. A idea xurdiu mentres conversaban, como non, sobre arte.

Cada unha das obras está realizada a medias polos dous artistas. Cadros e esculturas de inspiración clásica nas que se combinan os espazos policromos e dunha soa cor traballados ó óleo e acrílico. Conxugar estes dous estilos foi un dos traballos máis proveitosos desta experiencia.

A mostra artéllase en dous espazos: un bazar polo que pasearse para admirar as obras e incluso adquirir algunhas, pois conta con mostrador e carta de prezos; e un almacén, no que se compilan outras pezas feitas en solitario por cada un dos artistas. Os dous permanecen nesta sala de luns a domingo para recibir ós visitantes e explicarlles os pormenores da mostra, que permanecerá aberta ata o 13 de novembro.

Redacción Salnés