Comeza a Operación Centinela Gallego de vixia dos Montes

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/15/militares.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/15/operacion_centinela_galego_2014.mp4{/flowplayer}

PONTEVEDRA> O exército volverá a vixiar os montes galegos. O seu obxectivo será persuadir e atallar ós posibles pirómanos e incendiarios para impedir que atenten contra os nosos montes. Estas labores serán posibles de novo este verán grazas ó convenio de colaboración que veñen de asinar o Ministerio de Defensa ca Consellería do Medio Rural. As tropas de Brilat partían esta mañá do seu cuartel base de Figueirido, en Pontevedra, en dirección ás zonas de maior risco de incendios. É a posta en escea do comezo da operación Centinela Gallego. Nela o cometido dos militares é o de protexer os montes galegos da acción de posibles incendiarios ou pirómanos; en colaboración coas cuadrillas de extinción de incendios dos distintos distritos forestais e en permanente colaboración cas forzas de seguridade. Nun primeiro momento o continxente será de vintecinco patrullas compostas por militares da Brilat e do Tercio Norte de Infantería de Marina da Armada de Ferrol. Estes últimos serán os destinados no distrito cuarto, correspondente á área Águila, que abrangue a comarca do Barbanza. O número de patrullas podería verse incrementado se medra o nivel de alerta. Amais a distribución das forzas militares poderían variar segundo muden as ameazas no monte; algo que xa aconteceu o ano pasado; posto que, tal e como deixa entrever a Conselleira do Medio Rural, a incidencia dos incendios depende tamén da man do home amais que das propias condicións meteorolóxicas. A operación Centinela é sufragada pola Consellería do Medio Rural e do Mar con case 570.000 euros, un 4% máis que o ano pasado.