Durán: ‘Este é o primeiro paso que se da para a ampliación do Hospital’

    terreoshospitalsalnes copia100.jpgVILANOVA> O concello xestionará a adquisición do terreo de 14.237 metros cadrados solicitado pola Consellería de Sanidade.

    {flowplayer}images/salnes/TERREOS_HOSPITAL_SALNES.flv{/flowplayer}

    A parcela demandada dende a Consellería de Sanidade está situada ó lado do actual edificio de urxencias do Hospital comarcal. O terreo ten unha superficie total de 14.237 metros cadrados, e xa está calificado como para uso de equipamentos sanitarios cunha edificabilidade do 0,80%.

    O mes de setembro é o prazo que se da Gonzalo Durán para encamiñar as negociacións cos propietarios dos terreos.

    Con esta petición chegada hoxe ó concello de Vilanova, a Consellería de Sanidade cumpriu co compromiso que a comezos de agosto adquirira a súa titular, Pilar Farjas, co propio Durán e co alcalde vilagarcián, Tomás Fole. Sen embargo, esta ampliación do Hospital do Salnés é unha vella demanda na zona. Por iso o rexedor vilanovés quixo desmarcarse dos atrasos que foi sufrindo.

    O vindeiro luns, técnicos municipais de Vilanova manterán unha xuntanza no hospital comarcal con técnicos da Consellería de Sanidade, que comprobarán sobre o lugar as parcelas demandadas.

    Redacción Salnés