O centro social abre ó público con algunhas obras pendentes

    aperturacentrocabo100.jpgBOIRO> Cabo de Cruz xa dispón dun centro social propio. As instalacións, aínda por rematar, abriron ó público coa inauguración dunha exposición.

    {flowplayer}barbanza/aperturacentrocabo.flv{/flowplayer}

    Esta gran sala de exposicións, ocupada estes días pola exposición fotográfica de Olláparo e as esculturas de Tucho Abalo, recibe ós visitantes do centro social de Cabo de Cruz. O edificio acaba de abrir ó público aínda que, polo momento, só ten operativa esta estancia e a zona de despachos.

    Especialmente satisfeitos amósanse os maiores que contarán cun espazo de convivencia para a terceira idade.

    Servizos

    O novo centro acollerá tamén un consultorio e converterase en sede de diversos colectivos da parroquia. Albergará tamén unha biblioteca e un auditorio para a celebración de actos.

    No que todos coinciden é na singularidade do edificio e na necesidade da súa posta en marcha despois dun longo proceso non exento de demoras e contratempos que prolongou as obras ata hoxe.

    Redacción Barbanza