RIANXO> O Plan de Xestión da sardiña do xeito establece un tope máximo de capturas de 20 toneladas para o primeiro trimestre do ano.
Cada embarcación disporá dunha cota de cen quilos diarios por tripulante e outros cen por barco, o dobre que o pasado ano.
Aínda que o sector acolleu con satisfacción este incremento, entenden que debería revisarse a cota individual de cara ós próximos meses co obxectivo de que poidan esgotar a cota anual nos meses de maior demanda.
O pasado ano, preto de 30 embarcacións con base en Rianxo dedicáronse ó xeito.
Nesta campaña agárdase un aumento considerable posto que o peche do marisqueo obriga ós mariñeiros a diversificar as artes.