PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra celebrou o seu acto para conmemorar este 8 de marzo. A presidenta da Asociación Empresarias Galicia, Susana Pérez, foi a encargada de dar lectura ao manifesto. Un texto no que fixo un chamamento á unidade para, asegurou, facer máis poderosa a igualdade.
Na Deputación de Pontevedra quen deu lectura ao manifesto deste Día Internacional da Muller foi a presidenta da asociación Empresarias Galicia. Susana Pérez fixo un chamamento á unidade.
Pérez criticou que a día de hoxe aínda existan sectores da sociedade que reaccionan de xeito negativo ante a igualdade ou o feminismo. Destacou a importancia da educación e tamén levou a reclamación ao seu campo: o do empresariado.
A unidade tamén estivo no fondo da intervención do presidente da Deputación. Luis López sinalou que é o mellor xeito de acadar os obxectivos.
Tralas intervencións, o acto pechou coa actuación de Fillas de Cassandra. O dúo musical interpretou en directo as súas cancións ‘As Moiras’, ‘A veciña do cuarto’, ‘Lisístrata’ e ‘Tataravoa’.










