![]()
A ILLA> Á feira, en empanada ou á plancha. Estas elaboracións puidéronse degustar na festa organizada esta fin de semana polo Club de Ximnasia Rítmica.
{flowplayer}images/salnes/FESTA_POLBO_ILLA_2011.flv{/flowplayer}
Na tradicional festa gastronómica puideron degustarse diferentes variedades do cefalópodo. Entre as racións máis demandadas todo un clásico: o polbo á feira, pero tamén á plancha. Ademais, os asistentes puideron probar o polbo, á vinagreta, á cazola ou en empanada. E unha variedade especial: O polbo á Illa.
O prezo das racións abarcou dende os catro euros da empanada ata os 9,5 euros do polbo á feira. As carpas abriron ó público ás once da mañá do sábado, ata onde se achegaron visitantes tanto da Comarca do Salnés coma de fóra de Galicia.
Ademais, na xornada de onte celebrouse un certame gastronómico para elixir o mellor prato de polbo, no que un xurado valorou tanto a presentación como o sabor das racións. Durante a degustación, tamén houbo tempo para diversas actuacións musicais, que amenizaron a xornada. Nesta edición, a Festa do Polbo foi organizada polo Clube de Ximnasia Rítmica Arousa co fin de recaudar fondos.
Redacción Salnés






