Arrancan as Xornadas Gastronómicas da Centola, coa implicación de 20 establecmeentos mecos

 O GROVE> Tralas apertura da veda, o Grove tamén dará comezo ás vixésimas xornadas gastronómicas da centola. Un total de 20 establecementos, entre restaurantes e hoteis da vila, forman parte destas xornadas nas que se ofertarán diferentes elaboracións de centolas e centolos. Estas xornadas supoñen un pulo importante para economía da vila nun bes de tempada baixa.

O concello do Grove continuará sendo o municipio de referencia na degustación do marisco. Tras unha exitosa festa do marisco, a asociación Emgrobes presenta agora as xornadas gastronómicas da Centola.

Estas xornadas supoñen un pulo económico para o Grove nun mes de tempada baixa.

E non só para os restaurantes e hoteis, se non que con estas xornadas gastronómicas benefícianse a moitos sectores.

As xornadas gastronómicas da centola conta como madriña con Ofelia Hentschel, exconcursante de Masterchef.

Estas xornadas tamén son posibles grazas ao apoio das diferentes administracións.

As xornadas terán lugar do 7 de novembro ao 11 de decembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí