Máis de 15 mil quilos de moluscos para a XXV festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova

VILANOVA> A Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova prepara máis de 15 mil quilos destes moluscos para a súa vixésimo quinta edición. Entre a programación destacan as actuacións da Panorama e do cómico Fede Pérez. Os mexillóns e berberechos de ouro este ano entregaranse a aquelas persoas que fixeron unha labor importante na promoción da variante espiritual e na ruta do Pai Sarmiento.

A Festa do Mexillón e o Berbecho de Vilanova cumpre un cuarto de século e para celebralo a súa presentación fíxose nun lugar idóneo: en augas vilanovesas entre as bateas e a praia.

Para esta edición a organización agarda superar as cifras das anteriores e prepara máis de 15 quilos de mexillón e berberecho.

Ademais de mexillóns e berberechos venderanse moitos máis produtos, todos a prezos populares.

O domingo, ademais do monólogo de Fede Pérez, entregaranse os mexillóns de ouro, nesta edición, a aquelas persoas que fixeron unha labor importante na promoción da variante espiritual e da ruta do Pai Sarmiento.

Ademais en tódolos actos estará presente o antigo conselleiro de cultura Víctor Manuel Vázquez, grazas o cal, ca súa campaña de promoción do Xacobeo de 1993, reactivouse a peregrinación a Santiago. O concello resérvase unha sorpresa para o domingo, o pregón darao unha parella de cómicos que non se coñecerá ata o propio día.