O Concello recibe 1.500 firmas contra o paseo San Vicente – Carreiro

    firmas_grove100.jpgO GROVE> Os usuarios da praia naturista de Barreiros presentaron hoxe no concello un escrito con 1.500 firmas. Piden a retirada do proxecto do paseo San Vicente – Carreiro.

    {flowplayer}images/salnes/firmas_grove.flv{/flowplayer}

    O GROVE> O proxecto para continuar o paseo marítimo de Con Negro ata o Carreiro, no Grove, acaba de atoparse de fronte coa oposición dos usuarios da praia naturista de Castiñeiras, tamén chamada de Barreiros.

    Unha representación destes bañistas achegouse esta mañá ó Concello para entregar un escrito acompañado de 1.500 sinaturas. Nel advirten ó goberno local que a zona pola que transcorrerá o paseo forma parte dun espazo declarado desde 2004 Lugar de Importancia Comunitaria e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais. Aseguran que se porían en perigo 11 hábitats protexidos e temen que a implantación do paso aumentará a accesibilidade da zona, e polo tanto, a chegada masiva de persoas, cos efectos negativos que provocaría sobre a flora e fauna. Sen esquecer a praia naturista, á que se pode acceder unicamente a pé.

    Estes veciños solicitan ó Concello que suspenda a tramitación do proxecto do paseo marítimo e que destine os recursos económicos correspondentes á protección e conservación da zona e á súa valorización como espazo de interese natural, educativo e social. O colectivo tratará tamén de sensibilizar a outros organismos competentes neste proxecto, como a Dirección Xeral de Conservación da Natureza e Dirección Provincial de Costas.

    Redacción Salnés