Comezan as obras na estrada do Facho e o centro social de Oubiña

    asfaltadoofacho_100_260107.jpgCAMBADOS > A Deputación de Pontevedra está asfaltando estes días a estrada do Facho, onde se investirán 85.000 euros.

    A estrada provincial que une o cruce do hotel Cruceiro co lugar do Facho, en Castrelo, é unha zona moi habitada, onde o tráfico é bastante denso pola poboación e pola existencia de tres industrias. A obra, que fai Pavimentos de Meaño, ten un investimento de 85.000 euros.

    Por outra banda, reanudáronse as tarefas de asfaltado das 13 pistas rurais que foran anuladas por Medio Rural en 2005. Algunhas destas obras tiveron que aprazarse como consecuencia dos temporais de decembro. Agora o Concello afronta as obras que custan 200 mil euros con cargo a unha operación de crédito. As primeiras pistas arranxadas foron as de Couto de Abaixo e Lourido, en Castrelo, e nos vindeiros días ampliaranse ó resto de parroquias.

    Centro Gumersindo Márquez

    centrogumersindomarquez_300_260107.jpgCovsa S. L. comezou as obras de mellora do centro socio-cultural Gumersindo Márquez de Oubiña, que ten un orzamento de 30.000 euros. Os traballos empezaron coa excavación e limpeza do terreo que rodea o centro, a demolición do peche exterior e a limpeza da zona de xogos infantís.

    No terreo faranse dúas pavimentacións: unha con base granular e capa con aglomerado en quente e outra onde se reforzará o actual firme. Pero ademais faranse os peches exteriores e os da nave e se porá unha porta de entrada ó edificio e portas de acceso ó recinto da parcela. O prazo de execución será de tres meses.

    Redacción Salnés