Técnicos da Xunta valoran in situ os terreos para ampliar o Hospital

    tecnicosvaloracionterreos copia100.jpgVILAGARCÍA> Os técnicos mantiveron unha xuntanza cos alcaldes de Vilagarcía e Vilanova e o xerente do centro para aclarar dúbidas sobre as parcelas.

    {flowplayer}images/salnes/REUNION_TECNICOS_AMPLIACION_HOSPITAL.flv{/flowplayer}

    A semana pasada a Consellería de Sanidade comunicaba ó concello de Vilanova de xeito oficial as necesidades para realizar a ampliación do Hospital do Salnés. Esta mañá, os técnicos da Xunta desprazáronse ata a zona para valorar in situ os terreos propostos polo alcalde Gonzalo Durán.

    O rexedor vilanovés agarda recibir o informe dos técnicos coa súa valoración dos terreos esta semana. Será entón cando inicien as xestións para facerse coas parcelas, ben sexa negociando cos propietarios ou tendo que recorrer á expropiación.

    O xerente do Hospital tamén estivo presente na xuntanza desta mañá. Bibiano Fernández aplaudiu os avances que se están a producir no proxecto de ampliación.

    Os asistentes á xuntanza insistiron en que os prazos que se manexan a partires de agora serán curtos, marcándose o que resta de ano para pór a disposición da Consellería os 14.237 metros cadrados de terreo necesarios para a actuación.

    Redacción Salnés