UUAA esixe un pleno extraordinario para aumentar os copos

    uuaa_pleno copia100.jpgPONTEVEDRA> O sindicato da como prazo máximo ata o martes da vindeira semana para convocar o pleno. De non ser así, emprenderán medidas de presión e protesta.

    {flowplayer}images/salnes/UUAA_RESPONDE_CRDORB.flv{/flowplayer}

    Unións Agrarias insiste en pedir ó Consello o aumento do 25% do rendemento por hectárea. Segundo a plataforma, xa son moitos os viticultores que superaron o copo da súa tarxeta, aínda que o groso da vendima non arranca ata esta fin de semana.

    Segundo o sindicato, os actuais límites á produción van en contra da realidade da colleita deste ano, ademais de prexudicar gravemente ós viticultores.

    Coa solicitude de convocatoria urxente dun pleno extraordinario, Unións Agrarias busca que o Consello Regulador rectifique e opte, finalmente, por aprobar o aumento máximo recollido no seu regulamento antes da fin da actual campaña de vendima.

    Despois de rexistrar esta mañá a súa solicitude na sé do Consello Regulador, Unións Agrarias asegurou que, de non ser atendida a súa petición, recorrerán a mobilizacións a vindeira semana.

    Redacción Salnés