Sacyr mellora as comunicacións na parroquia de Posmarcos

    novoaccesocadreche_100_180309.jpgPOBRA> O executivo pobrés informou das obras de construción dun novo acceso que está a realizar actualmente a empresa Sacyr na zona de Cadreche.

    {flowplayer}barbanza/novoaccesocadreche.flv{/flowplayer}

    Trátase dunha vella reivindicación dos veciños dos lugares de Cadreche, o Freixo, Ouxo, Vilariño, os Casás, Canliña ou Pumadiño, todos eles na parroquia de San Isidoro de Postmarcos.

    A actuación que está a executa-la empresa Sacyr consiste basicamente na construción dunha rotonda e un enlace de aproximadamente 200 metros na saída norte da autovía, que comunicará coa xa existente en Cadreche, para dar acceso dende alí a estes lugares da parroquia pobresa.

    Colaboración veciñal

    Dende o concello quixeron agradecer tamén a colaboración e a vontade dos veciños con propiedades na zona que puxeron á súa disposición os terreos para que a obra se levara a cabo.

    Ó mesmo tempo a empresa Sacyr está a realiza-lo acondicionamento da rotonda existente na zona da Mercé e que dá acceso á autovía. O alcalde tamén informou de que a empresa xa comezou a reparar boa parte das deficiencias detectadas ó longo do trazado da autovía ó seu paso polo municipio.

    Redacción Barbanza