Boiro volverá converterse en punto de encontro para a arqueoloxía internacional

BOIRO> Boiro acolle en febreiro o decimo terceiro Encontro Arqueolóxico do Barbanza. O profesor da Universidade de Arizona, Michael Barton, e a catedrática de Historia Antiga María del Mar Marcos constitúen os pratos fortes desta edición.

O dezaseis de febreiro darán comezo en Boiro os Encontros Arqueolóxicos do Barbanza. Estas xornadas, referentes non só a nivel autonómico senón nacional e internacional, congregan cada ano a preto de trescentas persoas para escoitar ós máis destacados ponentes nos distintos campos da arqueoloxía.

Entre as numerosas charlas que se desenvolverán o 16, 17 e 24 d efebreiro da Casa da Cultura, destacan a conferencia inaugural a cargo da catedrática da Universidade de Cantabria, María de Mal Marcos e a ponencia sobre os cambios nas sociedades humanas que impartirá o profesor da Universidade de Arizona, Michael Barton.

Ademais das xornadas teóricas, o encontro inclúe unha saída de campo o sábado 23 de febreiro.

Como en tódalas edicións haberá dúas modalidades de matrícula: unha de asistencia libre e inscrición gratuíta e outra certificada para docentes e alumnos da Universidade cunha cota de dez euros.