A variante non afectará as chádegas de Taramancos

visitahernandeznoia1oo.jpgNOIA> O conselleiro de Infraestruturas asegurou que o complexo arqueolóxico non retrasará unhas obra que se teñen previsto que rematen o ano que vén

{flowplayer}barbanza/visitahernandeznoia.flv{/flowplayer}

Coas obras da variante Brión-Noia de fondo o conselleiro de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, Agustín Hernández, aproveitou esta mañá para anunciar que as recentes achádegas atopadas en Taramancos non retrasarán os prazos establecidos para a construción do vial que unirá os dous lados da ría.

Cautela

Ao parecer trátanse de achádegas de menor importancia que, unha vez inventariadas volverán a taparse ou a reubicarse en outras lugares. Maila todo, o titular da consellería preferiu manterse cautelosos e, sobre todo, á expectativa do que ditamine o oportuno informe de patrimonio, institución que conta coa competencia nestes casos.

Obra avanzada 

 Cos traballos de desbroce dos terreos ocupados polo vial, do saneamento e das cimentacións rematadas, Hernández aclarou que dende o executivo autonómico destínanse os recursos suficientes como para finalizar a obra dentro do prazo establecido porque é unha infraestrutura necesaria e , sobre todo, demandada pola comarca. Neste sentido, o viaduto máis importante, o que une Testal e A Barquiña,rematarase no 2012, previsiblemente en agosto; mentres que para aos traballos de sinalización e balizamento, haberá que esperar ata decembro do mesmo ano; momento no que se poderán dar por rematadas as labores de construción.

Redacción Barbanza