Rosana Pérez opta a un escano no Congreso dos Deputados

    rosanaperezcandidata100.jpgPOBRA> A voceira do BNG da Pobra concorrerá ás eleccións xerais ó Congreso ocupando o segundo posto da lista pola provincia da Coruña.

    {flowplayer}barbanza/rosanaperezcandidata.flv{/flowplayer}

    Rosana Pérez expresou a súa satisfacción e, sobre todo, a súa gratitude polo recoñecemento que supón a súa inclusión na candidatura por parte do Consello Nacional do BNG.

    Máis representación

    O reto agora é conseguir máis dun representante da formación nacionalista no congreso, como acontecera na lexislatura do 2000 ó 2004. Pretenden así outorgar un maior poder de decisión a Galicia en temas de importancia transcendental como a defensa do sector pesqueiro e conserveiro.

    Imposto sobre o patrimonio

    O BNG preséntase como única alternativa ás políticas propostas polos dous grandes partidos que, dende que comezou a crise, só optaron polo recorte dos servizos públicos. Pola contra, os nacionalistas optan por gravar as grandes fortunas en lugar de ir contra a maioría social.

    Ademais de Rosana Pérez, que ocupa o segundo posto por detrás do actual deputado Francisco Jorquera, a lista inclúe outra representante da bisbarra; a voceira do BNG muradá, María Xosé Alfonso.

    Redacción Barbanza