Ribeira acollerá unha xornada sobre os retos da pesca organizada polo PSOE

RIBEIRA> Ribeira acollerá este sábado unha xornada sobre Pesca organizada pola agrupación provincial da Coruña. Ademais das ponencias do eurodeputado José Blanco e o senador Modesto Pose, desenvolverase unha mesa redonda para analizar os retos e o futuro do sector. O Centro Cultural Lustres Rivas acollerá o sábado a partir das dez da mañá unha xornada sobre Pesca promovida polo PSOE provincial. Durante toda a mañá, terán lugar varias conferencias e a xornada concluirá cunha mesa redonda na que os asistentes poderán formular preguntas. O obxectivo desta xornada é crear un foro de debate sobre as inquedanzas e necesidades do sector pesqueiro, dada a súa importancia para Ribeira e toda a comarca. A charla está aberta ó público en xeral. Contará tamén coa asistencia de representantes das distintas entidades e asociacións relacionados coa pesca.