Actuación sobresaínte dos equipos do Salnés en Pontevedra

SALNÉS> Os xogadores dos clubes do Salnés volveron a ter un papel destacado no último torneo celebrado en Pontevedra. Alí, o Cambados anotouse tres títulos e dous terceiros postos, mentres que o Ribadumia levouse un ouro e un bronce.

Mellor non pudieron ir as cousas para os xogadores do Salnés no torneo de verán organizado polo Club de Tenis de Mesa Monteporreiro, celebrado nas instalacións de Príncipe Felipe.

Na categoría absoluta Kazeem Ahmed, do Cambados, adxudicouse o título con autoridade logo de vencer a tódolos seus rivais e impoñerse na final a Jacobo Enseñat. Previamente elimara nas semifinais a Marcos Sanmartín, que foi terceiro. O xogador do Ribadumia, aínda en idade xuvenil, sí que se alzou co triunfo na súa categoría demostrando unha vez máis o gran estado de forma polo que atravesa.

Outro dos triunfos recaeu nas mans de Ñajo Padín, na categoría de veteranos. O cambadés non tivo ningún problema ó longo do torneo para sueprar ós seus riavis e alzouse co título sen perder ningún xogo.

Destacou tamén o terceiro posto de Martín Regueiro en xuvenil, moi meritorio ó tratarse dun xogador aínda en idade infantil. Paula Padín foi terceira no infantil femenino e Mariña Chaves acadou a victoria en benxamín, nunha competición de carácter mixto.

Os conxuntos seguirán preparando o comezo de temporada con máis torneos previos ó inicio de liga. O seguinte celebrarase en Cangas a vindeira fin de semana, co Torneo de Verán de Cinania.

Redacción Salnés