O IGVS estuda a viabilidade da parcela para as VPP de Noia

vivendassociaisnoia100.jpgNOIA> A construción de vivendas de promoción pública en Noia deberá agardar, alomenos, ata o 2012.

{flowplayer}barbanza/vivendassociaisnoia.flv{/flowplayer}

O pasado 29 de xullo, o pleno de Noia aprobaba por unanimidade a cesión dunha parcela municipal á Xunta de Galicia para a construción de vivendas de promoción pública. Este terreo, situado no barrio de San Lázaro, conta cunha superficie total de 660 metros cadrados cunha ocupación de 561 e un prezo de mercado próximo ós oitocentos mil euros.

Sen financiamento

Á espera de que o Instituto Galego de Vivenda e Solo remate o estudo da viabilidade da parcela para proceder á súa aceptación, responsables locais mantiveron un encontro co director do organismo autonómico. José Boné comunicoulles que aínda que a cesión se faga efectivo o proxecto non podería materializarse neste exercicio.

Os representantes do executivo noiés solicitáronlle a inclusión do proxecto no plan de traballo previsto para o 2012 co fin de dar cobertura á importante demanda de vivenda protexida que existe no municipio.

Redacción Barbanza