As salas do museo do Gravado de Artes exhiben nova colección

RIBEIRA> O Museo do Gravado de Artes exhibirá ó longo do mes de abril unha nova exposición titulada ‘Los Trabajos de Hércules y visión de un viaje desde el Atlántico’. A mostra consta dun total de 39 pezas distribuídas en dúas seccións. Dunha parte, figuran 19 gravados do artista Nicolas Poussin (1594-1665), máximo representante da pintura clasicista francesa do século XVII; e doutra, 20 gravados e 10 planchas do venezolano Manolo Dimas (nado en 1959).Para facilitar que veciños e visitantes nas vacacións de Semana Santa poidan contemplar esta exposición, ó igual que a mostra “Randeeira” de Delio Sánchez, o museo vai estar aberto o xoves e o venres, en horario de 16.30 a 19.30 horas; e o sábado de 10.30 a 13.30 e 16 a 19 horas.