O órgano de Santa Clara volverá soar grazas ao organista pontevedrés Daniel Sanmartín

PONTEVEDRA> O órgano de Santa Clara volverá resoar no antigo convento. Farao grazas a un pontevedrés, o organista e musicólogo Daniel Sanmartín, que ofrecerá un concerto mañá no marco da programación de ‘Híbridas en Santa Clara’. Estará acompañado de músico da Orquestra Clásica de Vigo. Entre todos porán en valor este instrumento centenario, único da provincia de Pontevedra.

Este son case esquecido volve mañá ao convento de Santa Clara. O seu órgano volverá soar grazas a un pontevedrés: o organista e musicólogo Daniel Sanmartín.

O concerto será mañá, enmarcado na programación ‘Híbridas en Santa Clara’. A proposta nace deste músico, que estará acompañado da Orquestra Clásica de Vigo. Con ela, Sanmartín quere poñer en valor esta reliquia de máis de 250 anos de antigüidade.

O musicólogo recoñece que, a pesares de que foi tratado con coidado polas clarisas, o paso do tempo e as modificacións que sufriu durante a historia fan que estea lonxe de atoparse ao 100%.

Pero hai esperanza para o órgano de Santa Clara. A restauración é posible, polo que devolverlle o seu antigo esplendor non é só unha fantasía.

O repertorio para mañá está coidadosamente escollido para gustar ao gran público pero tamén para sacar o maior partido posible ao instrumento.

Polo de pronto, mañá soará ante o público. Por primeira vez dende a compra do convento por parte do concello de Pontevedra. Un tesouro máis de Santa Clara que se abre á cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí