O PP de Noia descarta realizar unha moción de censura ó goberno local

foto_antonio_perez_100.jpgNOIA> Logo da ruptura do pacto de goberno entre socialistas e nacionalistas en Noia, o PSdeG local vaise a ver obrigado a gobernar en solitario.

 {flowplayer}images/salnes/240309_nova_perez_insua.flv{/flowplayer}

Ante esta situación, o Partido Popular noiés descarta polo de agora presentar unha moción de censura ante o goberno en minoría do PsdeG. Pola contra, os populares, que son a forza maioritaria con 8 concelleiros, van a agardar a ver se os socialistas son quen de convencer á oposición para sacar adiante calquera proxecto.

Os populares dubidan que o actual equipo de goberno sexa capaz de gobernar Noia en minoría, posto que ata o de agora aínda están sen aprobar cuestións como os orzamentos municipais desde o ano 2007, e o caracter que se lle presume ó alcalde está lonxe de ser conciliador.

Ó líder do PP noiés, Antonio Pérez Insua non lle estrañou a ruptura do pacto de goberno entre PSOE e BNG posto que este pacto sempre se debeu a conveniencia de ámbolos dous partidos.

Desde o PP de Noia denuncian tamén como ata o momento eran imprescindibles 6 dedicacións exclusivas, cando de agora en diante pretenden gobernar soamente con 3 concelleiros a tempo total. Tamén lles estraña a súbita aparición do alcalde en distintas actuacións, agora que xa van dous anos da actual lexislatura.

Redacción Salnés