![]()
COMBARRO> A operación culminou preto do peirao de Combarro. A Conselleira do Mar sinalou que o bivalvo xa se trasladou ó INTECMAR para ser analizado.
{flowplayer}images/salnes/INCAUTACION_VIEIRAS_POIO.flv{/flowplayer}
Esta mañá a Policía Autonómica, en colaboración cos Garda Costas, incautou no entorno do peirao de Combarro, en Poio, máis de mil unidades de vieira ilegal procedente da ría de Ferrol. Coma consecuencia desta operación hai tres detidos. Segundo informou a Conselleira do Mar o bivalvo xa foi trasladado ó INTECMAR para ser analizado.
O produto atopábase en dous vehículos que se atopaban moi preto do peirao de Combarro. Nun dos coches incautaron 51 quilos de vieira ilegal, que estaban custodiados por dúas persoas que xa foron identificadas.
No segundo turismo atoparon douscentos quince quilos deste bivalvo e identificaron a unha terceira persoa. Este produto xa foi trasladado ó Instituto tecnolóxico do medio mariño para ser analizado.
A Consellería do Mar, Rosa Quintana, asegurou que xa levaban días traballando nesta operación. E lembrou que a vieira consumida por vías ilegais é un risco para a saúde do consumidor.
Redacción Salnés






