As Torres imponse no Autonómico Cadete – Junior

piraguismo250_150708.jpgSALNÉS > As Torres Romaría Vikinga de Catoira ven de acadalo primeiro posto no Campionato Galego junior – cadete de pista. Outro club do Salnés, O Muiño de Ribadumia, acadou unha máis que meritoria terceira praza que confirma a excelente progresión do club nos últimos meses.

As Torres de Catoira cumpríu unha vez máis con tódolos pronósticos que lle daban como gañador e alzouse coa victoria final por equipos nos Campionatos Galegos de pista para categorías junior e cadete, que se celebraron esta fin de semana no embalse ourensán de Castrelo de Miño.

De novo a alta participación dos catoirenses foi clave para levarse o triunfo, sobre todo nas probas femininas e no C-4 e K-4. Ahí acadaron a metade das medallas que se trouxeron para casa, que foron un total de 16, repatidas en sete de ouro, cinco de prata e catro de bronce. Os 1.010 puntos que sumaron foron demasiados para o Kayak Tudense, que se quedou con 852 na segunda posición.

Se a victoria das Torres non foi ningunha sorpresa tampouco comeza a se-lo o terceiro posto que acadou o Náutico do Muiño, con 494 puntos. As ficahxes e o bo traballo que se está a realizar coa canteira no club de Ribadumia comeza a surtir efecto e por iso non é estrano ve-los loitar polo máis alto en calquera competición. Os do Muiño trouxéronse un total de 13 medallas.

Tamén acadaron o seu premio outros clubes da comarca. O piragüismo A Illa sumou sete metais para rematar quintos, o Breogán seis, os mesmos que Portonovo que rematou cuarto na xeral por equipos, Náutico de Pontecesures apañou cinco e Cambados dous.

Entre os nomes propios dos campionatos estiveron os das catoirenses Belén Pose e Sandra Acuña que acadaron catro medallas de ouro cada unha, vencendo con autoridade no K-2 e no K-4 tanto de 500 coma de 1000 metros.

André Oliveira, do Pontecesures, tamén se levou outros catro metais para a súa casa despois de dominar o C-1 e C-2 en ámbalas dúas distancias.

Redacción Salnés