O Consorcio avalía as necesidades da Escola Infantil de Carril

    escola_carril100.jpgVILAGARCÍA> A escola infantil de Carril, en Vilagarcía non abrirá ata o vindeiro ano. O xerente e mais técnicos do Consorcio Galego …

    {flowplayer}images/salnes/escolas_infantis_carril_barro.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A escola infantil de Carril, en Vilagarcía non abrirá ata o vindeiro ano. O xerente e mais técnicos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar visitaron hoxe as instalacións para ver as necesidades de mobiliario, material didáctico e equipamentos para a cociña, amais de posibles axustes na obra para axustarse á normativa de seguridade neste tipo de edificios.

    Arestora xa está aberto o prazo de preinscrición e xa na primeira quincena de decembro se poderá efectuar a matrícula. Segundo a edil de Benestar de Vilagarcía o atraso da apertura da escola non anima a moitos pais, pero cre que se cubrirán as 82 prazas ofertadas. En todo caso urxe ó Consorcio que abra o centro a principios de ano e non espere a marzo.

    Segundo indicou o xerente do Consorcio a Xunta estima investir 120 mil euros no equipamento, que hai que engadir ó millón de euros que supuxo a construción do centro. Roberto Rodríguez tamén saíu ó paso da denuncia presentada por uns veciños polo perigo do muro exterior.

    ESCOLA INFANTIL DE BARRO

    Ricardo Rodríguez tamén se desprazou hoxe a Barro. Este concello ten previsto asinar o convenio para adherirse ó Consorcio. O xerente realizou unha visita técnica ás obras da escola infantil, situada en Outeiro – Perdecanai para avaliar a posibilidade de xestionala a través do Consorcio. Segundo indicou o alcalde José Antonio Landín, o centro está practicamente rematado, a falta dalgúns detalles no exterior.

    A escola contará con catro aulas para nenos de 0 a 3 anos dará servizo ós pais e nais do concello que teñen que levar os seus fillos a garderías de Pontevedra ou Caldas. A idea é abrila no primeiro trimestre do ano que vén.

    Redacción Salnés