VILAGARCÍA > Vilagarcía celebrará por segundo ano consecutivo a Gala Benéfica de Proxecto Home. A cita será no Auditorio Municipal o vindeiro 17 de decembro as oito e media da tarde e contará coa participación de estrelas como Ana Kiro e Os Duendes que levan sen actuar dende 1970.
O obxectivo desta segunda Gala Benéfica de Proxecto Home é crear un diálogo honesto coa sociedade, para dar a coñecer o problemático mundo das drogas e a necesidade de que estas víctimas se rehabiliten e inserten na sociedade coa axuda de todos. Proxecto home leva axudando dende fai cinco anos a dez persoas da Illa de Arousa, 145 de Vilagarcía, 22 de Vilanova,unha de Ribadumia, 11 de Meaño, 24 de Cambados, 8 de Meis, 32 de O Grove e 18 de Sanxenxo.
O Auditorio Municipal será o escenario desta gala na que participarán artistas como o Ballet “Perla de Arousa”, o Centro Auling, o actor Carlos Blanco, Ana Kiro e os Duendes. O prezo será de seis euros e pode adquirirse na droguería Géminis, na Casa de Cultura de Vilagarcía e no propio Auditorio o día da Gala. O diñeiro recadado destinarase ós pisos de apoio utilizados en aqueles casos que carecen da axuda do entorno familiar.
Redacción Salnés