![]()
BOIRO> Unha folla de ruta que conta co aval do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, pero que non da ningunha data.
{flowplayer}barbanza/visitaconselleirobarrana.flv{/flowplayer}
Logo dunha fonda análise da rede, Boiro xa conta cun novo plan de saneamento integral que diagnostica os fallos do actual sistema e prescribe as solucións. Un documento que, esta mañá, se presentou nun acto ao acudiu o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, o cal se comprometeu a executar o establecido pero sen especificar as datas.
Resultados
Tres son os principias problemas atopados: a entrada de auga do mar e da choiva na tubaxe, a insuficiente xestión do bombeo e a falta de planificación no mesmo. E catro son as solucións: unha nova estación de bombeo en Esteiro, unha intervención no río Breiro e outra en Escarabote e, sobre todo, unha nova depuradora que ofrecería servizo a preto de 2000 habitantes.
Novo colector en Barraña
Maila todo, ata outubro non se comezará a redactar os proxectos e ata o ano que vén non se inciarán as obras. Ademais, o conselleiro, xunto co alcalde de Boiro, Xoán Xosé Dieste, inaugurou o colector de Barraña. Unha infraestrutura que funciona dende xuño e que remata coa vella reivindicación de saneamento integral para esa zona.
Redacción Barbanza








