Mar reforza coas cadeas de distribución a campaña de consumo de produtos pesqueiros

BARBANZA>  A titular de Mar, Rosa Quintana, mantivo hoxe un encontro por videoconferencia con representantes das principais empresas distribuidoras que operan na nosa comunidade.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo unha videoconferencia con representantes das cadeas de distribución Froiz, Gadisa, Carrefour, Vegalsa-Eroski e El Corte Inglés no marco da súa adhesión á campaña de promoción dos produtos pesqueiros impulsada pola Xunta ‘Merca produto fresco do mar. Estamos no mesmo barco’. Na xuntanza virtual analizáronse os obxectivos desta iniciativa que a Xunta vén de reforzar coa colaboración destes grupos. Segundo explicou a propia Quintana adquirir produtos do mar galego nestes momentos supón apoiar a toda a cadea extrativa que segue a traballar día a día, a pesar do coronavirus, para poñer nos mercados os mellores produtos do mar.

A titular de Mar destacou a colaboración dos grupos de distribución que se adheriron á iniciativa, que está aberta a todas aquelas cadeas distribuidoras, prazas de abastos e peixerías que estean interesadas en participar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí