![]()
ILLA> A través dunha representación teatral, a comunidade educativa reivindicou un ensino público de calidade.
{flowplayer}images/salnes/NOVA_PROTESTA_PAIS_ILLA.flv{/flowplayer}
Pais, alumnos e profesores do IES de A Illa de Arousa reiniciaron esta tarde as mobilizacións. Os motivos: a negativa do xefe territorial de educación a desdobralo curso de segundo da ESO e a concederlles medio profesor máis. Por iso, a través dunha representación teatral reivindicaron un ensino público de calidade.
Neste enterro non faltou nin o ataúde, nin as necrolóxica e letanías, nin por suposto as viúvas. Pero moi lonxe da realidade, o obxectivo desta representación teatral, protagonizada por pais, alumnos e profesores, é demandar á Xunta un ensino público de calidade.
E é que despois da reunión que mantiveron o mércores co xefe territorial de educación e a súa negativa a desdobralo curso de segundo da ESO e a concederlles medio profesor máis, en asemblea decidiron reinicialas reivindicacións.
Ó termo da concentración, e seguindo coas mobilizacións, por unanimidade dos pais decidiron suspendelas clases a partires do luns.
O luns pola noite reuniranse de novo para debater se continúan coas protestas.
Redacción Salnés









