Vilalonga e Sanxenxo buscan a primeira victoria do ano

SALNÉS> Na Preferente o Ribadumia xogarase o liderato do Grupo Sur ante o Barco, na Senra, mentres que na Terceira, Vilalonga e Sanxenxo buscarán a primeira victoria no campionato.

Avecíñase o derbi entre Sanxenxo e Vilalonga dentro de dez días e a el queren chegar os dous equipos despois de ter estreado o seu casilleiro de victorias. De momento ningún foi quen de vencer e tampouco o terán nada sinxelo esta semana, sobre todo os de Calucho que visitan ó Alondras. Un conxunto de sobrada calidade e moita experiencia na categoría, coñecido polo seu xogo combinativo. Os amarelos viaxan a Cangas coas dúbidas de Sáez, Cuchi e Suso Bea.

Mentres o Vilalonga non poderá contar con Tachi na súa segunda cita en San Pedro. Un recén ascendido rinde visita, o Betanzos. Os de Gabi Leis son sabedores da importancia de sumar os tres puntos logo de facer 1 de 9 no arranque ligueiro. Anxo e Nando tamén son dúbida para o choque.

Na Preferente destaca o encontro que disputarán o Ribadumia contra o sorprendete lider da categoría, O Barco, un recén ascendido. Os de Pablo Vázquez teñen unha oportunidade única de colocarse no primeiro posto da táboa e de paso brindarlle á súa afección a primeira victoria, que quere ver a versión boa do equipo, a que deu ata o momento fora da casa.

O Céltiga loitará contra sí mesmo en Mondariz. Os nove goles ó Verín poden ser un arma de dobre fío para os de Núñez, que incidíu esta semana en non confiarse e sí seguir traballando na mesma liña que levaron ata o momento.

Logo de dúas derrotas consecutivas o Portonovo recibe en Baltar ó Barbadás, un dos rivais máis complicados da categoría. Os de Luis Casais queren comezar a facerse fortes na casa para seguir crecendo.

Mentres o Arosa seguirá a buscar unha melloría no seu xogo, desta volta ante o Marín, un equipo como o vilagarcián, deu mellor rendemento fóra da casa que nos partidos como local.

Redacción Salnés