Portos acometerá diversas actuacións de mellora no peirao de Palmeira

    RIBEIRA> As actuacións, entre as que figura a substitución dun dos módulos do dique flotante que se atopaba deteriorado, terán un custe duns 30 mil euros. Atendendo a unha demanda trasladada polo patrón maior, Miguel Franco, Portos de Galicia desenvolverá diversas obras de mellora nas instalacións do porto de Palmeira. Trátase, en definitiva, de pequenas actuacións propias dos labores de mantemento e conservación que o ente autonómico vén desenvolvendo de xeito periódico nas instalacións portuarias. As actuacións, que serán realizadas de inmediato, contarán cun investimento duns 30 mil euros.