Marea Noia rexeita a supresión dunha praza de coidador no colexio Felipe de Castro

NOIA> Dende a formación agardan unha rectificación nesta decisión, pois consideran que a figura das persoas coidadoras nos centros educativos é clave para que o alumnado con necesidades especiais se integren na vida escolar con tódalas garantías.

Dende o formación esíxenlle ademais ó equipo de goberno que dote de máis medios ós centros educativos do municipio de cara ó inicio do curso, dándolle prioridade ós servizos de conciliación, tanto o plan madruga coma os comedores, así como á limpeza dos colexios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí