![]()
PORTONOVO> Aínda que a familia non quixo facer declaracións si o fixo o Patrón Maior da Confraría. José Antonio Gómez pediu tranquilidade.
{flowplayer}images/salnes/INTRO_TOTAL_SECUESTRO_TOGO.flv{/flowplayer}
Un mozo de Portonovo de 27 anos, Damián Aguín Losada, atópase entre os 23 tripulantes do petroleiro que foi secuestrado polos piratas o pasado mércores fronte ás costas de Togo, en augas do Golfo de Guinea.
Aínda que a familia non quixo facer declaracións, si o fixo o Patrón Maior da Confraría de Portonovo quen pediu tranquilidade e discreción. A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, limitouse a dicir que a única información que manexa é a proporcionada polo Delegado do Goberno en Galicia.
Pola súa banda, nestes momentos, o Ministerio de Asuntos Exteriores non ten constancia de que os 23 tripulantes estean ben.
Redacción Salnés







