VILAGARCÍA> A vixésimo quinta edición dos premio Xove Empresario de AJE marchou este ano a Vilagarcía. A gala recuperou o formato presencial e fíxoo no Castriño. Entre os emprendendores premiados, o Grupo Valenciaga, a ilustradora Paula Cheshire e Fillas da Terra. Ademais, a adega Martín Códax recolleu o seu galardón honorífico, nun acto ao que asistiu o vicepresidente da Xunta e a subdelegada do Goberno en Pontevedra.
25 anos despois, a Asocición de Jóvenes Empresarios de Pontevedra saca os seus premios da cidade. Este ano trasladaron os galardóns ao Pazo do Castriño de Vilagarcía, nunha aposta decidida pola comarca do Salnés. O evento recuperou o formato presencial renovando o seu compromiso co talanto mozo.
O Grupo Valenciaga fíxose co Premio Xove Empresario do Ano, mentres que a ilustradora pontevedresa Paula Chexair fue reconocida co Premio Iniciativa Emprendedora, polo seu traballo sobre a saúde mental na mocidade a través da banda deseñada. Tamén recibiron galardón á innovación Capptus Apps e á responsabilidade social Fillas da Terra. Ademais, a adega Martín Códax recolleu o galardón honorífico.
Á gala asistiu a subdelegada do goberno en Pontevedra. Tamén o Vicepresidente da Xunta e o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra. Alfonso Rueda e Jorge Cebreiros aproveitaron para poñer en valor o traballo dos emprendendores, en especial, nestes dous longos anos de pandemia.
O acto tamén contou con referencias aos 25 anos de historia dos Premios Xove Empresario. Uns galardóns que poñen nome e apelidos ao mellor talento da contorna.
Os premiados, ademais da súa proxección, reciben aportacións económicas, formación empresarial e tamén distintos recursos, como despacho no viveiro de empresas de Barro ou equipos informáticos.