As tarifas do Paifillonai debateranse no pleno do martes

    paifillonai100_250309.jpgSANXENXO> A Comisión de Contas abordará mañá as tarifas para os usuarios do programa de conciliación familiar e laboral Paifillonai.

    {flowplayer}images/salnes/PAIFILLONAI.flv{/flowplayer}

    SANXENXO> A Comisión de Contas de Sanxenxo abordará mañá as tarifas para os usuarios do programa de conciliación familiar e laboral Paifillonai.

    Este ano ofertaranse 130 prazas e o goberno local propón que os usuarios que non residan a maior parte do tempo en Sanxenxo abonen 97 euros por unha praza quincenal, 195 pola mensual e 390 pola bimensual.

    As familias do concello contarán cunha bonificación, así a matrícula para un só fillo será de 82 euros para unha quincena, 136 por un mes e 234 para dous meses. Se unha familia inscribe a un segundo menor, a tarifa será de 68 euros para a praza quincenal, 107 a mensual e 175 a dous meses. Na comisión de mañá tamén se debaterá o regulamento proposto pola alcaldía e ambos asuntos irán ó pleno do vindeiro martes.

    O Paifillonai xa ten cinco anos de vida e lévase a cabo nos meses de verán. O seus responsables fomentan a educación e ocupación do tempo libre entre nenos de 3 a 12 anos de idade desde valores de respecto, tolerancia e cooperación.

    Redacción Salnés