NOIA> Os amantes do boxeo teñen unha cita en Noia o sábado 16. Na tradicional velada que organiza o Club SKT participarán numerosos deportistas locais con gran presenza de loitadoras femininas.
O Liceo de Noia acollerá o sábado 16 a Velada de Boxeo organizada polo Club SKT. Dará comezo ás sete e media da tarde aínda que previamente, ás tres, terá lugar a pesaxe na cervexería Habana.
Destaca nesta sexta edición a presenza de deportistas locais como Silvestre Gómez na categoría de neoprofesionais e, por primeira vez, o combate feminino entre dúas loitadoras noiesas.