O Galicia Movistar está completamente arranxado e camiño de Cidade do Cabo

SANXENXO > O Galicia Movistar volveu hoxe ó mar. Anque só navegará o xusto ata embarcar nun cargueiro en Cádiz que o levará ata Cidade do Cabo. Quen está en problemas actualmente é o Ericsson que navega coa quilla rota. Permanece por tanto en cuarta posición. Lidera a proba o Amro 1 seguido do Amro 2 e o Brasil 1.

A rotura da quilla do Ericsson a pasada noite fixo dubidar ó Movistar sobre a posibilidade de ir navegando ata Sudáfrica e conseguir algúns puntos que lles fixesen máis competitivos. Sen embargo finalmente decidiron non arriscar e trasladar o Galicia Movistar nun cargueiro, tal como anunciara onte o director do equipo no programa Constrastes de Telesalnés – Barbanza. Pedro Campos destacou o intenso traballo realizado para ter listo o barco con suficiente antelación á saída da segunda etapa.

 

O Movistar sairá o día catro. A viaxe durará dúas semanas e a competición retomarase o día 26 de decembro na regata costeira de Cidade do Cabo.  Hai que recordar que a segunda etapa da Volta ó Mundo é unha das máis duras de todo o percorrido, e resulta imprescindible afrontala ó cen por cen para optar a un bo resultado. Por iso finalmente o equipo español decidiu non arriscarse e estar listos física e psíquicamente para a proba.

Redacción Salnés