Búscanse solucións ó déficit dos conservatorios

    concellos_deputacion_musica copia.jpgPONTEVEDRA> Os conservatorios e escolas de música da provincia de Pontevedra están en números vermellos. E para buscar unha solución a este déficit, …

    {flowplayer}images/salnes/reunion_escolas_musica.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Os conservatorios e escolas de música da provincia de Pontevedra están en números vermellos.

    E para buscar unha solución a este déficit, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, mantivo onte unha xuntanza de traballo con alcaldes, edís de cultura e directores de conservatorios de Cambados, Vilagarcía, A Estrada, Gondomar, A Guarda, Lalín, Ponteareas, Redondela, Tui e Cangas. A Deputación mantén as súas axudas pero desde a Xunta, todos se queixan de que son escasas. Segundo datos achegados nesta reunión, en casos como o de Vilagarcía o presuposto pasa dos 400 mil euros e noutros, como Cambados, roldan os cen mil.

    A proposta do alcalde de Cambados, un punto de partida será ver as taxas que cobra cada conservatorio ou escola de música afectada e estudar unha posible subida de prezos. Desde Vilagarcía tamén se barallou a posibilidade de derivar alumnos en certas especialidades entre conservatorios próximos, co ánimo de optimizar recursos. Estas e outras cuestións serán abordadas nunha vindeira reunión.

    Redacción Salnés