RIANXO> O sector do mar de toda a ría de Arousa está chamado á concentración que terá lugar este vindeiro sábado, ás once, na praza do Concello de Rianxo. A convocatoria parte da propia Confraría de Pescadores en protesta pola situación na que se atopa a Ría.
A situación grave pola que está a atravesar o sector foi unha das razóns que levou ó pósito rianxeiro a convocar esta concentración que se desenvolverá este vindeiro sábado, ás once da mañá, na praza do Concello.
Segundo sinala o patrón maior, Miguel Ángel Igesias, a Ría languidece. O maltrato ó que se está a someter debido ós vertidos continuos, sumado á falla de interese por parte das Administracións, provoca a desfeita do sector e un futuro desolador.
A chamada non é só local, senón que se traslada tamén a toda a ría de Arousa.