O programa Empreg@ posibilitou a inserción laboral de 35 persoas

    BOIRO > A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte vén de clausurar o seu Programa Experimental Empreg@ posto en marcha durante o último ano. A través desta iniciativa a entidade supramunicipal posibilitou que 35 parados puideran acceder ó mercado laboral.

    emprega_300_130606.jpgUn dos principais obxectivos deste plan ‘Arousa Norte Empreg@’ era consegui-la integración das 75 persoas que viñeron participando neste programa. En xeral tratábase de persoas con algún tipo de discapacidade ou que levaban bastante tempo en situación de desemprego.

    A realización deste plan posibilitou que un total de 20 persoas puideran lograr un posto de traballo e outras 15 realizar prácticas en empresas da zona.

    Durante o desenvolvemento do programa a formación dos participantes foi fundamental e así realizaron cursos de busca de emprego, de informática, de contabilidade e de acompañane escolar. No éxito deste plan foi fundamental tamén a colaboración do empresariado da comarca que lle dou unha oportunidade os usuarios do programa.

    Coa clausura do programa e a entrega de diplomas na casa de cultura boiresa poñíase fin ó programa. Un a un tódolos participantes foron recollendo o seu diploma de mans dos alcaldes de Pobra do Caramiñal, Boiro e Ribeira, que estiveron presidindo o acto.

    A intención da Mancomunidade Arousa Norte non é outra que aspirar a poñer en marcha o ano que vén unha segunda fase co propósito de que outros desempregados da comarca teñan a posibilidade de acceder a un emprego e xa solicitou unha subvención á Consellería de Traballo.

     

    Redacción Barbanza