Medio cento de pilotos daranse cita na Subida á Escusa

POIO> Chega a XII Subida á Escusa en Poio. Nela daranse cita preto de 50 pilotos que participan no Campionato Galego de Montaña. O evento foi presentado esta mañá pola edil de deportes Margarita Caldas, que estivo acompañada por varios pilotos participantes e por Noemí Blas, da escudería organizadora Buxa Motor.

{flowplayer}images/salnes/Rally_220911.flv{/flowplayer} 

A proba celebrarase en dous días. O sábado ás 09:00 da mañá instalarase o parque pechado na Praza da Chousa, en Combarro, onde os pilotos deberán pasar as verficicacións técnicas e administrativas. Xa pola tarde a partires das 15:00, primeira manga de adestramentos e acto seguido dúas cronometradas. O domingo, dende as 09:00, celebraranse outras tres mangas, dúas delas ofciais. Un evento que vai xa pola edición número 12 e que este ano sobrevivíu a pesares da crise. 

Segundo explicaron os pilotos o trazado de 3.700 metros caracterízase por ser moi técnico.

A da Escusa será a oitava proba puntuable para o Campionato Galego de Montaña. Por diante tan só quedarán dúas carreiras máis.

Redacción Salnés